Seis mortos nos Países Baixos tras seren atropoledados por un camión español
O vehículo co logo da empresa El Mosca atropelou uns veciños que facían unha grellada nunha leira

Varias persoas faleceron este sábado na localidade holandesa de Nieuw-Beijerland -próxima a Rótterdam- ao seren atropeladas por un camión de matrícula española. O vehículo leva pintado no remolque o nome da empresa de transportes El Mosca, con sede en Murcia.
Segundo fontes policiais, pode haber polo menos seis mortos, ademais de sete feridos. O condutor, que saíu ileso e está a ser interrogado, saíuse da estrada e arroiou a un grupo de veciños que facían unha grellada nunha leira.
Ata o lugar desprazáronse unha decena de ambulancias, ademais de tres helicópteros de emerxencia. Varios feridos foron levados ao hospital. A policía explicou que hai “moitas testemuñas do ocorrido”, e que o camión deberá ser sacado do lugar do sinistro con axuda dun guindastre especializado.
O vehículo arrastrou ao seu paso a un grupo de persoas que festexaba ao aire libre. No lugar dos feitos hai cadeiras e mesas tiradas, e varias testemuñas dixeron que todo sucedeu nun momento e non saben como pasou todo. O furgón estaba na estrada e logo no medio da celebración, explicaron.