Publicador de contidos

Publicador de contidos

O incendio dun garaxe en Navia estraga dezaseis vehículos

O incendio dun garaxe en Navia estraga dezaseis vehículos

Descoñécense as causas que provocaron o lume

Tres bombeiros sufriron un golpe de calor

G24.gal 02/01/2022 10:05 Última actualización 17:00

O incendio comezou sobre as 8:45 horas no garaxe dun edificio do barrio vigués de Navia. Un veciño alertou os bombeiros, que acudiron ao lugar con tres camións de extinción.

As lapas comezaron no cuarto andar do garaxe e o fume estendeuse rapidamente por todo o edificio. Algúns veciños abandonaron as súas casas porque tiñan dificultades para respirar.

Dúas horas máis tarde, os equipos de extinción conseguiron controlar o incendio, aínda que o fume seguía saíndo do interior do garaxe. 

Afortunadamente non houbo vítimas. Os máis afectados foron tres bombeiros que sufriron un golpe de calor. Trasladáronnos ao Hospital Ribera Povisa para sometelos a observación.

Polo momento, descoñécense as causas do incendio. Nun primeiro balance de danos, a Policía Local de Vigo detectou 16 vehículos estragados.

Unha columna de fume mesto procedente do garaxe foi visible ao longo da maña desde varios puntos da cidade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade