Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres feridos graves nun ataque con coitelo nun tren en Alemaña

Tres feridos graves nun ataque con coitelo nun tren en Alemaña

A policía detivo un home de orixe árabe polo ataque

G24.gal 06/11/2021 13:11 Última actualización 20:00

Un ataque con coitelo nun tren ao sur da Alemaña que percorría o traxecto entre Ratisbona e Nuremberg deixou varias persoas feridas. A policía xa logrou deter o asaltante, ao parecer un home de nacionalidade siria de 27 anos, conforme avanza o xornal "Bild".

Este medio informa de que hai tres feridos en estado grave, aínda que as súas vidas non correrían perigo. Son tres homes de 26, 39 e 60 anos. O tren permanece parado na cidade de Seubersdorf, no estado de Baviera, mentres se investiga o suceso. As autoridades eluden polo momento de falar de ataque terrorista.

O suceso produciuse contras as oito da mañá cuns 300 pasaxeiros a bordo do convoi de alta velocidade. O agresor mostrou antes indicios de padecer un trastorno psiquiátrico e pediu axuda no tren.

A operadora xermana de ferrocarrís desviou os trens que percorrían esta vía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade