Cargando resultados...
Valencia acapara o terceiro premio, o 19.517
O resto das series vendéronse en Calella, Granollers, Almería e Badaxoz
A administración número 14 de Valencia vendeu 102 series do terceiro premio
G24.gal
22/12/2021 13:53
A maior parte do terceiro premio, que reparte 50.000 euros ao décimo, vendeuse en Valencia.
Cento dúas series do 19.517 distribuíronse desde esta administración, a número 14 da capital valenciana.
O resto das series do terceiro premio foron vendidas nas localidades barcelonesas de Calella e Granollers, en Almería e dúas en Badaxoz.
Nada máis coñecerse o premio na capital valenciana, moitos dos posuidores de un ou máis décimos achegáronse ata a administración para darlle a benvida á sorte.