Publicador de contidos

Publicador de contidos

Valdoviño recupera a baixada de carrilanas a San Mamede

Valdoviño recupera a baixada de carrilanas a San Mamede

Participan máis de sesenta pilotos procedentes de diversos puntos de España

G24.gal 13/08/2022 21:26 Última actualización 13/08/2022 21:44

As dúas últimas edicións non puideron celebrarse pola pandemia, pero este ano as carrilanas volveron descender a toda velocidade desde o Graño a San Mamede. Tres anos despois, Valdoviño recuperou unha proba que atrae pilotos de toda España e na que se premia, ademais da rapidez, a orixinalidade e o humor.

O percorrido ten un quilómetro e douscentos metros de baixada sobre bo asfalto, con varias curvas difíciles e algúns cambios de rasante nos que os pilotos liberan adrenalina. Os máis rápidos non precisan moito máis dun minuto para cruzar a liña de meta.

Nesta edición, a número vinte e catro, compiten nas sete categorías sesenta vehículos sen motor construídos cos máis diversos materiais e formas. A Asociación Baixada de Carrilanas organiza a carreira, que está incluída no Campionato de España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade