Publicador de contidos
Publicador de contidos

Valdeorras prepara a súa Festa das Covas de Vilamartín

Valdeorras prepara a súa Festa das Covas de Vilamartín

Por un total de 15 euros pódese comer e beber en máis de 40 covas

Agardan máis de 4.000 visitantes esta fin de semana

G24.gal 05/08/2022 21:23

En Valdeorras está xa todo listo para que comece a súa famosa festa do viño, a Festa das Covas de Vilamartín. As adegas abren a partir das oito e media da tarde deste sábado para os visitantes.

A organización puxo á venda algo máis de 4.000 entradas.

Por só 15 euros poderase comer e beber nas máis de 40 covas participantes. As covas utilízanse dende hai séculos como neveira. A súa temperatura oscila entre os 8 e os 12 graos e mantense practicamente estable durante todo o ano.

Por iso, aquí gardábanse as patacas, a carne e, por suposto, tamén o viño. As covas son hoxe ademais un gran reclamo turístico. E con esta calor son unha opción moi refrescante.

Se van a Valdeorras esta fin de semana, o mellor é que leven ganas de diversión e unha chaqueta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade