Publicador de contidos

Publicador de contidos

UXT e CCOO ameazan cun incremento da conflitividade social

UXT e CCOO ameazan cun incremento da conflitividade social

"Subir salarios, conter prezos, máis igualdade", lema para o 1 de maio

G24.gal 25/04/2022 14:19

UXT e Comisións Obreiras reivindican subidas de salarios e baixada de prezos con vistas ás celebracións do Primeiro de Maio. Ameazan a CEOE cun incremento da confitividade social e demandan ao Goberno máis medidas para facer fronte á crise motivada pola invasión de Ucraína.

Subir salarios, conter prezos e máis igualdade. E o lema co que UXT e Comisións Obreiras afrontan o primeiro de maio mentres advirten á CEOE sobre un aumento da conflitividade social.

Non pode ser, aseguran, que as empresas suban os prezos na busca de beneficios e iso non se reflicta nos salarios. Esixen medidas para que os traballadores non vexan reducido o seu poder adquisitivo, especialmente o daqueles con menos recursos. Ao Goberno pídenlle que estableza medidas para conter os prezos.

Os sindicatos tamén consideran insuficientes as medidas propostas polo Goberno para facer fronte á crise orixinada pola guerra de Ucraína.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade