Uxío da Pena: "É a terceira lesión de cruzado, xa son un friki destes temas médicos"
Un optimimista por natureza
Sen medo ao proceso de recuperación
Pasou por Zona mixta Uxío da Pena, recentemente fichado polo Arenteiro e que tivo a mala sorte de lesionarse por terceira ocasión do cruzado, unha das lesións máis temidas polos futbolistas.
Non perde o humor e as ganas de volver a xogar
Aínda que é a terceira lesión que sofre no xeonllo, Uxío non perde o optimismo que o caracteriza:
"Cando escoitei o ruído que fixo o xeonllo, xa notei que era máis forte que as veces anteriores. Son optimista coa recuperación, ademais poderei facela aquí na Coruña cos meus. Iso sempre axuda"
"Xa teño tanta experiencia nisto que son un 'friki' deste mundo das lesións"
"Tranquilos, que volverei esta tempada co Arenteiro, non vou marchar a ningún lado que vou estar a carón dos meus compañeiros esta temporada aínda que non estea no campo. Agora que parecía que por fin ía xogar con Adri Castro de novo, parece que temos unha maldición"
Non cre nunha predisposición xenética, pero si que algún prestixioso galeno, como o doutor Guillén lle dixo que o seu xeito de xogar de costas, de protexer o balón e xirarse, de pisar... pode influír neste tipo de lesións. A pesar diso, seguirá coma sempre no campo.
Con optimismo e calma afirmou que non ten medo a que sexa unha lesión definitiva nin vai trocar o seu xeito de xogar.
"Non sei se finalmente van seguir utilizando os meus tecidos ou terei que recorrer a outras opcións. En todo caso, un xogador que se queira dedicar medianamente de xeito profesional a isto non ten medo"
"Non desboto acabar facendo charlas médicas ou de motivación sobre isto, no vestiario xa o fago, pero non me quero lucrar diso", rematou cun sorriso.
