Publicador de contidos

Publicador de contidos

Utilizan un tráiler rotulado para roubar 15.000 litros de aceite cargados noutro en Padrón

Utilizan un tráiler rotulado para roubar 15.000 litros de aceite cargados noutro en Padrón

O cargamento estaba listo para engancharlle a cabeza tractora e transportalo ao centro de reciclaxe de aceite vexetal 

A videovixilancia rexistrou toda a acción dos ladróns, pero a mercadoría non está localizada

Imaxe do remolque que este venres permanecía no mesmo sitio en que roubaron o seu contido o pasado día 20
G24.gal 30/09/2022 13:15

Os irmáns Castro, donos de Recycás, agardaban na Picaraña, preto de Padrón, a chegada do seu transportista para levar o cargamento de aceite vexetal usado á planta de reciclaxe. O tráiler permanece no mesmo sitio. Unha peza no chan levouno a descubrir que lles levaran toda a mercancía do interior do remolque.

Sospeitan que os autores seguiron desde a distancia como cargaban os bidóns, similares a estes, e ao ver que o camión xa estaba completo decidiron dar o golpe á unha desa mañá, a do mércores 20. Toda a acción para o transvasamento da mercadoría quedou rexistrada pola videovixilancia:

"Foi cando vimos outra gabarra que abriu a nosa pola parte de atrás, achegouse a ela e sobre a unha da mañá empezaron a descargala, botando na operación hora e algo. Eran dúas persoas e hai unha terceira implicada que non estaba presente e a investigación policial determinará o seu grao de implicación. As da gravación son persoas que xa coñezo", di Argimiro Castro, xerente de Recycás.

Os ladróns pertencen ao mesmo ámbito de actividade. O posible terceiro implicado sería alguén vencellado co tráiler, con rotulación de empresa, utilizado no roubo. O xerente de Recycás facía esta valoración do roubado:

"30 palés de aceite vexetal que recollemos na hostalería de Galicia e que estaban preparados para transportar á planta que temos na Coruña. Aproximadamente había 15.000 litros cun valor estimado sobre 25.000 euros á parte das perdas polo pagamento aos hostaleiros e os nosos gastos do día a día".

Recoñece que o roubo sufrido supón un golpe forte para el e o seu irmán, que xa traballaban niso e que hai só dous meses puxeron en marcha a súa propia empresa. A mercadoría segue en paradoiro descoñecido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade