Publicador de contidos

Publicador de contidos

Urdaibai e Orio triunfan na Bandeira da Concha

Urdaibai e Orio triunfan na Bandeira da Concha

Na categoría feminina, Cabo acabou na sétima posición e Chapela foi oitava

Os de Bermeo gañaron a sexta Concha e as oriotarras a terceira

G24.gal 11/09/2022 14:50

Rematou a Bandeira da Concha en San Sebastián con triunfos de Urdaibai e Orio. Na categoría masculina, Urdaibai non se conformou cos sete segundos de vantaxe que traía da primeira xornada e gañou o sexto título da súa historia vencendo tamén na segunda tirada cunha grande autoridade. Sacoulle dez segundos á Donostiarra e máis de vinte a Hondarribia, a outra favorita.

A categoría feminina foi moito máis emocionante. Orio manexaba dous segundos sobre Arraun. A igualdade foi máxima, pero as amarelas aguantaron a vantaxe e lograron a terceira Concha da súa historia. Cabo acabou no sétimo posto e Chapela foi oitava.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade