Publicador de contidos

Publicador de contidos

UPA dá por boas as axudas do Goberno para a agricultura

UPA dá por boas as axudas do Goberno para a agricultura

A vicesecretaria xeral da UPA, Montse Cortiñas, cre que pode axudar as explotacións que agora o están pasando mal

G24.gal 30/03/2022 09:35

A Unión de Pequenos Agricultores, á que pertence Unións Agrarias, dá por boas as medidas que aprobou o Goberno para os labregos e gandeiros.

A vicesecretaria xeral da UPA, Montse Cortiñas, cre que pode axudar as explotacións que agora o están pasando mal. Falaba no Galicia por diante.

"Imos ver como chegan esas axudas ás nosas explotacións. En principio, é un paquete importante de axudas que pode contribuír a que explotacións que agora mesmo o están pasando mal poidan continuar. Pero imos ver sobre todo que ocorre nos seguintes meses. Desgraciadamente, estamos vendo como as cousas cambian moi rápido. O que era un encarecemento de materias primas en dúas semanas pasa a ser un problema de abastecemento, e iso dispara os prezos. Iremos vendo pero é un paquete importante de medidas, iso si".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade