Publicador de contidos

Publicador de contidos

A investigación do cancro revoluciona o tratamento das anomalías vasculares

A investigación do cancro revoluciona o tratamento das anomalías vasculares

Uns tres mil menores con doenzas deste tipo reciben tratamento nos hospitais galegos

Dermatólogos e pediatras de toda España participan nunha xornada formativa en Santiago

G24.gal 18/02/2023 14:44 Última actualización 18/02/2023 16:53

Algunhas alteracións no desenvolvemento dos vasos sanguíneos provocan manchas de nacemento na pel pero noutras ocasións as anomalías vasculares causan lesións máis graves. Poden comprometer algún órgano vital. 

"Temos uns corenta mil pacientes agora en España, non deixa de ser unha enfermidade rara, pero 40.000 tamén son os enfermos de cancro de colon diagnosticados en España e 40.000 os nenos que nacen prematuros", di Juan Carlos López Gutiérrez, cirurxián pediátrico do hospital La Paz.

Nos hospitais galegos, atenden uns 3.000 pacientes con esta patoloxía. Presentan mutacións que se producen despois da fecundación e o seu tratamento vive unha revolución.

"Estamos descubrindo moléculas inhibidoras desa mutación, xeralmente grazas á investigación que se fai no cancro, tendo en conta que os tumores precisan de vasos para crecer e as anomalías que tratamos en anomalías vasculares conxénitas tamén necesitan vasos para medrar e ese punto de unión estanos permitindo aplicar tratamentos oncolóxicos a pacientes con anomalías vasculares que non teñen cancro", di Juan Carlos López Gutiérrez.

Máis dun cento de pediatras e dermatólogos participan nunha xornada formativa en Santiago na que tamén falan de cando e como tratar as cicatrices nos nenos.

"As cicatrices hai que tratalas canto antes porque obtés un resultado moito mellor. Se pode ser a primeira semana ou o primeiro mes dende que curaron", di Jesús del Pozo, dermatólogo do CHUAC.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade