Cargando resultados...
Uns nenos atopan un cadáver en Cantabria mentres xogaban
O corpo estaba nunha parcela abandonada en Santoña, en Cantabria, no medio de roza e entullos

G24.gal
30/06/2023 18:30
Uns nenos atoparon por casualidade o cadáver dun home cando xogaban cunha aplicación que ofrece aventuras a través de coordenadas xeográficas.
O corpo estaba nunha parcela abandonada en Santoña, en Cantabria, no medio de roza e entullos.
O home falecido ten uns 50 anos, estaba tombado boca abaixo e non presentaba signos de violencia, aínda que hai que practicarlle a autopsia.
A Garda Civil está a investigar a causa deste falecemento.