Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aparece un home morto aos pés do Halo, en Vigo

Aparece un home morto aos pés do Halo, en Vigo

O corpo, en avanzado estado de descomposición, foi atopado por uns operarios que rozaban a maleza na zona

A Policía Nacional de Vigo investiga as causas do falecemento

G24.gal 18/07/2025 14:14

O corpo apareceu nunha zona aos pés do Halo, onde hai unha importante cantidade de vexetación e maleza, polo que non era visible a simple vista nin desde os arredores. Os operarios que traballaban na limpeza da parcela foron os que alertaron da presenza do cadáver en avanzado estado de descomposición, polo que podería levar varios días neste lugar.

A Policía Nacional investiga as circunstancias do suceso e polo momento mantén abertas todas as hipóteses sobre o falecemento, aínda que unha das principais liñas de investigación apunta a que a persoa puido precipitarse desde a plataforma superior do ascensor de 45 metros de altura.

Os axentes tamén están a revisar as denuncias por desaparición presentadas nos últimos días. Está previsto que este venres se lle practique a autopsia. O resultado axudará a esclarecer o suceso e a identificar o cadáver.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade