Morre outro indixente en Vigo na vella nave de Pescanova
A Policía desbota que sexa resultado dunha acción criminal
A Policía desbota que a morte do indixente que apareceu cadáver este domingo ás dúas da tarde sexa froito dunha acción criminal. O home, de 42 anos, caeu ao baleiro desde unha altura de seis metros. Foron as persoas que viven na nave as que alertaron ás forzas da orde. A autopsia determinará a causa exacta da morte.
Colectivos sociais como Os Ninguéns apuntan que é preciso un novo albergue en Vigo para longas estadías que acolla as entre oitenta e cen persoas que viven en sitios abandonados. Agora só poden estar dez ou quince días, polo que non lles dá tempo a estabilizar e normalizar a súa vida. Por iso moitos non queren ir a estes lugares, porque perden os seus ocos nas naves ou infravivendas onde pernoitan.