Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta crea un bono de alugueiro para a mocidade de 250 euros mensuais

A Xunta crea un bono de alugueiro para a mocidade de 250 euros mensuais

Prevese que unhas 3.800 persoas de ata 35 anos se poidan beneficiar

A Xunta tamén acordou manter conxeladas as taxas universitarias

G24.gal 23/06/2022 14:59

O bono alugueiro busca que a xente nova teña máis facilidade para acceder á vivenda neste réxime. É unha axuda aprobada polo Goberno central e tramitada polas comunidades autónomas, que se traduce en 250 euros ao mes.

O presidente da Xunta explicaba a quen se dirixe: "Case 4.000 mozos que teñan un piso arrendado, axudarlles a pagar o alugueiro. Serán 23 millóns de euros para este ano e o seguinte. Condicións, mozos entre 18 e 35 anos, cunha fonte regular de ingresos e que non superen tres veces o IPREM".

O bono xove de alugueiro concederase por dous anos, e é compatible con outras axudas. A Xunta tamén aprobou a renovación do bono de alugueiro social, que axuda a unhas 2.000 familias vulnerables.

No Consello da Xunta, tamén se acordou manter conxelados os prezos das matrículas universitarias. Galicia foi pioneira nesta iniciativa, e é a única comunidade que leva doce anos sen incrementar as taxas universitarias.

O obxectivo é garantir a igualdade de oportunidades no acceso ao ensino superior, e axudar as familias para aliviar o esforzo económico deste custo. O presidente da Xunta cifrou en case 19 millóns de euros o aforro que esta medida supón para os fogares galegos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade