Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unións Agrarias pide priorizar o vacún de carne nas axudas ao sector da gandaría

Unións Agrarias pide priorizar o vacún de carne nas axudas ao sector da gandaría

"Non están cobrando o que lles custa producir", aseguran

G24.gal 29/03/2022 17:36

Á agricultura e a gandaría correspóndenlle 362 millóns do paquete de axudas aprobado este martes no Consello de Ministros. O sector da carne cre que deben ser prioritarios á hora de cobrar as subvencións.

Pedro Pérez ten unha explotación de 150 cabezas de gando en Montederramo. É a quinta xeración de gandeiros, pero a situación actual, di, pon en risco a viabilidade do negocio. O incremento do prezo da enerxía, dos pensos e doutras materias primas fixo que se dispararan os custos de produción, pero o prezo ao que lle pagan a el a carne é o mesmo dende hai lustros.

Para evitar o peche de explotacións, Unións Agrarias pide un plan de emerxencia, financiado con fondos europeos, estatais e tamén autonómicos, que permita axudas directas a cada explotación.

"Cremos que o sector que está neste momento en máis risco de peche de explotacións é o do vacún e da carne e debera ter unha prioridade á hora de asignar axudas directas por explotación que garanta que, dado que non están cobrando o que lles custa producir, poidan ter esta axuda para esperar a que a recuperación de prezos en quince vinte días empece xa a funcionar", di Roberto García, Secretario xeral de Unións Agrarias.

Unha recuperación de prezos que impida a venda a perdas. O sector reivindica ademais outras medidas para garantir liquidez nas explotacións como moratorias nos préstamos ou flexibilizar a PAC. Medidas que permitiría a supervivencia dun sector que agrupa unhas 20.000 explotacións de Galicia e que é fundamental para o mantemento do rural.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade