Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unhas primeiras vacacións á súa terra natal, O Uruguai, que acaban converténdose nun pesadelo

Unhas primeiras vacacións á súa terra natal, O Uruguai, que acaban converténdose nun pesadelo

Un matrimonio de Coruña non puido coller un voo de Madrid a Montevideo porque o home non tiña suficiente autonomía na máquina de osíxeno que precisa 

Entre as escalas, pérdenlle as maletas, unha delas cos medicamentos, e a cadeira de rodas da muller

G24.gal 26/04/2023 14:16

As que ían ser as súas primeiras vacacións, aos 69 anos, e un reencontro coa familia do Uruguai, pasou a converterse nun pesadelo. A un matrimonio da Coruña non lle permitiron coller un voo de Madrid a Montevideo porque o home viaxaba cunha máquina de osíxeno cunha autonomía insuficiente. Agora reclaman unha solución ao que eles consideran unha neglixencia da axencia de viaxes e da compañía aérea.

"Non lle deixaron acceder ao voo porque precisaba dunha autorización da compañía".

Os protagonistas desta historia, Miriam e Hugo levan 15 na Coruña e estiveron todos estes anos aforrando para volver ao Uruguai para reencontrarse coa familia. E ese día chegou o pasado venres, en que collían un voo de Madrid a Montevideo.

"Como el ía coa mochila de osíxeno, non lle deixaron acceder ao voo porque precisaba dunha autorización da compañía", explica Miriam.

"Tivemos que quedarnos toda a noite no aeroporto de Madrid porque dixéronos que tampouco había hotel dispoñible para discapacitados", engade.

Aquí comezou toda unha odisea. Logo de viaxar de Coruña a Madrid sen problemas viron truncada a súa viaxe, pechada desde o mes de febreiro.

"Tiña un nó no peito e choraba", lembra Hugo, "amais da maneira na que nos trataron, como se fósemos animais". 

"Síntome prexudicada polo trato recibido".

Din que ao mercar os billetes informaron á axencia que a muller, con mobilidade reducida, precisaba unha cadeira de rodas, e o home con EPOC viaxaba coa máquina de osíxeno.

"A rapaza lembra toda a conversación que tivemos pero non cando lle dixemos que levaba unha mochila de osíxeno", lamenta a muller.

"Nós tiñamos todos os documentos médicos pero eles insitían en que a batería non era suficiente". 

Despois de pasar toda a noite no aeroporto regresaron á Coruña ás sete da mañá do sábado. E, por se fose pouco, unha das maletas cos medicamentos para un mes, o tempo que ían estar no Uruguai, e a cadeira de rodas non volveron con eles.

"Síntome prexudicada polo trato recibido na viaxe, as maletas que non aparecían, a medicación, o diñeiro que agora temos que poñer á maiores... Todo o mal momento", di afectada Miriam.

Despois de presentar tres reclamacións, pois din que viaxaban con todos os papeis e autorizacións médicas, están á espera de que lles asignen outro voo, iso si, pagando 300 euros pola cancelación dun voo que non lles permitiron coller o pasado venres, e poder gozar así das súas primeiras vacacións xunto aos seus familiares. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade