Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha viaxe pola orixe industrial de Vigo dende o mar

Unha viaxe pola orixe industrial de Vigo dende o mar

Duascentas cincuenta persoas puideron participar nunha ruta guiada pola ría

G24.gal 20/06/2022 19:58

Antonio Giráldez Lomba é o vicepresidente do instituto de estudos vigueses. Hai uns días, nunha das conferencias que organizan, falaron sobre como a industria de Vigo naceu dende a riqueza do mar. Este luns quixeron achegarse máis a ese pasado.

Explica Antonio que a actividade, unha viaxe en barco de dúas horas, é en realidade: "Un percorrido guiado pola riqueza das nosas augas da ría, para comprobar o que temos de pasado histórico baseado na industrialización do mar. Dende as antigas conserveiras, como Massó, ata as instalacións frigoríficas en Bouzas, as bateas e toda a transformación dos produtos do mar no Morrazo e en Vigo".

Desta vez, coa colaboración do Consello Social da Universidade de Vigo, puideron ofrecer unha experiencia histórica e gratuíta a preto de 250 persoas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade