Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia aspira a duplicar a capacidade eólica actual para ter autonomía enerxética

Galicia aspira a duplicar a capacidade eólica actual para ter autonomía enerxética

Neste Día do Vento visitamos o parque Ruña II, un dos máis modernos de Galicia

G24.gal 15/06/2026 14:59

Álvaro naceu aos pés do parque Ruña, no concello de Mazaricos. Hoxe dirixe unha das instalacións eólicas máis modernas de Galicia con capacidade para abastecer unha poboación do tamaño de Lalín.

"A idea foi integrar desde o principio todo o que se puidera para minimizar ese impacto dentro da paisaxe", explica Álvaro Turnes, director do parque Ruña II.

Muíños máis potentes, mellora das comunicacións e retorno social cara ás comunidades máis próximas. É o modelo que se está desenvolvendo en Galicia. O vento xera no nosa comunidade enerxía con capacidade para abastecer dous millóns e medio de fogares. E aspira a duplicar esta cifra tras as sentenzas xudiciais que manteñen paralizados un cento de parques.

"Esperamos que se poida desbloquear. A instalación vai ser máis lenta pero é a necesidade que ten Galicia, sobre todo nestes momentos de prezos altos", di Manuel Pazo, presidente da Asociación Eólica de Galicia.

O obxectivo, abaratar a factura.

"Teremos un prezo da electricidade igual a internet . Un prezo xa regulado. Pagaremos unha tarifa sen estarmos pendentes do recibo da luz", advirte Manuel Pazo. 

E ter autonomía enerxética. 32 proxectos industriais e 14.000 empregos están en xogo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar