Unha vertedura de esterco avícola en Lalín provoca o accidente dun motorista
A Garda Civil de Tráfico pechou un carril da N-525 durante unha hora
Un regueiro fétido de case dous quilómetros de lonxitude con distinos puntos de descarga afectou onte a esta estrada Nacional 525 ao seu paso polo concello de Lalín. A peor parte foi no final dunha recta, preto das Fragas de Catasós, pero os Bombeiros do Deza tiveron que traballar arreo para retirar todo o esterco dun amplo tramo da estrada.
Un motorista foi o principal daminificado e afectado pola vertedura. Mancouse na mandíbula, no lombo e no ombeiro e tivo que ser trasladado en ambulancia a un centro hospitalario para ser atendido tras esvarar preto da curva. Tráfico pechou un carril durante aproximadamente unha hora.
Tras a retirada dos restos da vertedura, o cheiro aínda permanecía esta mañá nos arredores da zona na estrada nacional que une Santiago con Ourense ao seu paso polo concello laninense.