Unha tromba de auga inundou algunhas rúas no centro de Vigo
Sorprendeu a vigueses a tamén os numerosos visitantes que recibiu a cidade este luns, moitos deles portugueses que aproveitaban o festivo no país veciño
Unha forte tromba de auga provocou na tarde deste luns inundacións nalgunhas rúas do centro da cidade, onde os sumidoiros non lograban tragar toda a auga acumulada.
Unha situación que sorprendeu a vigueses e aos numerosos visitantes que percorrían a zona para contemplar o alumeado de Nadal. Este luns eran ainda máis do habitual nun día de semana, xa que, aproveitando que é festivo, numerosos portugueses cruzaron a fronteira para desfrutar da xornada na cidade olívica.
☔ VIGO
— G24 (@G24Noticias) December 1, 2025
Así estaban este luns algunhas das rúas do centro da cidade
Toda a información, en https://t.co/2V3n6ZS04X e https://t.co/PmqBgmSL5T pic.twitter.com/elE8tZwMCu