Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha tractorada en defensa do agro colapsa o centro de Ourense

Unha tractorada en defensa do agro colapsa o centro de Ourense

A protesta foi convocada contra o acorda ca UE con Mercosur e para reivindicar una Política Agrícola Común (PAC) "xusta"

Os gandeiros prevén continuar cos tractores aparcados ante a Subdelegación do Goberno durante os próximos días

G24.gal 29/12/2025 16:24 Última actualización 29/12/2025 20:23

Unha tractorada de gandeiros colapsou o centro de Ourense este luns, na contorna da Subdelegación do Goberno, en contra do acordo da UE con Mercosur e en defensa dunha Política Agrícola Común (PAC) "xusta".

Sobre as 15:45 chegaron decenas de tractores e coches ata a Subdelegación do Goberno, despois de saír do polígono de San Cibrao das Viñas. Acudiron desde comarcas como A Limia ou O Deza. Ademais de que hai algúns produtores da provincia de Lugo

A chegada dos tractores obrigou a cortar carrís de rúas como Xoán XXIII e Concello, con presenza policial na zona, á vez que vehículos foron aparcando nas inmediacións da Subdelegación.

Esta protesta está convocada baixo os lemas "Gandeiros Unidos. Sen campo, a cidade non come" e "Basta xa. Están a matar ou rural". Inclúe outras demandas como control do xabaril e defensa de servizos no rural.

O presidente da asociación Gandeiras e Gandeiros Galegos, Adrián Riádigos, da zona do Deza, sinalou que "a principal reivindicación é que non se asine o acordo con Mercosur". Con esta protesta búscase facer un "chamamento" polos problemas que carrexará ao supoñer un "cambio de modelo de alimentación" en detrimento do sector europeo.

Os tractores continuarán aparcados

 O ano pasado, en datas do Entroido ourensán, xa houbo unha tractorada na mesma zona durante varios días en febreiro de 2024, que contaba con Miguel Gómez, un gandeiro de Maceda, entre os organizadores do mesmo xeito que agora.

Precisamente, Miguel Gómez explicou que na tarde deste luns mantiveron un encontro co subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, a quen agradece as súas "boas palabras" e que foi "moi educado".

Pedíronlle un interlocutor por parte do Goberno central para que lles "explique" o acordo con Mercosur, ao cal "se comprometeu", pero "non deu nin data nin hora". Por iso, Gómez augura que os tractores continuarán aparcados ante a Subdelegación do Goberno de forma indefinida mentres non lles ofrezan solucións.

"Imos seguir aquí moitos días", afirma.

Ademais, esperan poder reunirse este martes con cargos da Consellería do Medio Rural, da Xunta.

Dáse a circunstancia de que estes tractores están agora aparcados en pleno centro despois da recente entrada en vigor da primeira fase da Zona de Baixas Emisións en Ourense para diminuír as emisións contaminantes e con avisos aos condutores que incumpran a normativa.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade