Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha rata deixa sen luz parte da Illa de Arousa

Unha rata deixa sen luz parte da Illa de Arousa

Provocou un curtocircuíto ao achegarse a un transformador subterráneo

O apagamento produciuse ao mediodía e durou corenta minutos
 

G24.gal 09/03/2023 14:00

Pasaban as dúas da tarde cando unha rata do tamaño dun coello lograba coarse no transformador dun céntrico edificio da Illa. 20.000 volts de media tensión que a deixaron no sitio e provocaron un apagamento en varias rúas da zona urbana.

"Meteuse polos tubos de entrada dos cables, entrou para comer e ao tocar nas botellas rebentou,  fundiu o fusible de media. Ao fundilo queda sen corrente e salta toda a cabina que abastece esta zona", explica Avelino Silva Barreiro, electricista da Compañía de Electrificación SL

"Unha rata? Pois eu notei o corte e pensei que fora que fallara o cable submarino como sucedía antigamente aquí na Illa", comenta unha muller na rúa.

O corte durou uns corenta minutos, o que tardaron os técnicos da Compañía de Electrificación en chegar, comprobar o que pasara, retirar a rata e restablecer a corrente. Non foi moito tempo, pero sucedeu na peor hora para bares e fogares.

"Foi sobre ás dúas e media, a hora que chegan os nenos do colexio, a min colleume en plena faena. Miña filla tiña moita fame e non había nada porque non tiña electricidade", di unha veciña.

"Claro que nos afectou... a neveira, a cafeteira e a cociña do bar, xusto foi na hora da comida", din no bar Saratoga.

Este corte nada ten que ver co da madrugada do martes, en que unha avaría no continente deixou sen luz o entronque da Illa durante outra media hora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade