Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha planta experimental de eólica mariña instalarase a 10 km da Coruña

Unha planta experimental de eólica mariña instalarase a 10 km da Coruña

Alfonso Rueda pide que o Goberno regule canto antes a ordenación do sector da eólica mariña

A Xunta aproba a declaración de iniciativa empresarial prioritaria unha planta de hidróxeno verde en Caldas de Reis liderada por Iberdrola e Foresa

G24.gal 22/09/2022 14:15 Última actualización 22/09/2022 14:50

Galicia vai instalar unha planta experimental de eólica mariña de 30 megawatts a dez quilómetros do porto exterior da Coruña. Será a primeira destas características en augas galegas, e desde a Xunta destacan que será "compatible" coa actividade pesqueira e a preservación do medio natural.

Este xoves aprobou a sinatura do convenio coa Autoridade Portuaria da Coruña e Rede Eléctrica para impulsar esta plataforma experimental.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na conferencia de prensa posterior ao Consello da Xunta, pediu que o Goberno aprobe canto antes a ordenación deste sector, que determinará as localizacións e as características deste tipo de instalacións, para poder implantar canto antes este tipo de parques eólicos mariños, sen que, como o que se autorizou hoxe, sexan de modo experimental.

O parque experiemental de enerxía eólica instalarase no mar a uns 10 quilómetros do porto exterior da Coruña O parque experiemental de enerxía eólica instalarase no mar a uns 10 quilómetros do porto exterior da Coruña

As tres cuartas partes da produción enerxética de Galicia xa proceden de renovables, adiantándose en sete anos ao prazo que fixa a Unión Europea, destaca a Xunta. O Goberno galego asegura que con decisións como a de hoxe quere dar novos pasos para buscar a eficiencia enerxética e a transformación da industria.

Amais, a Xunta mantén a aposta polo hidróxeno verde, clave para a transición enerxética e para diminuír a dependencia do exterior. Este xoves declarou iniciativa empresarial prioritaria a planta de hidróxeno renovable que proxectan en Caldas de Reis Iberdrola e a compañía química Foresa. Producirá 2.900 toneladas anuais de metanol verde.

Con este son 16 os proxectos acollidos á figura de iniciativa empresarial prioritaria, que permite simplificar prazos e trámites para abrir novas oportunidades industriais en Galicia.

Plan de xestión de residuos municipais

O Goberno galego aprobou tamén o Plan de xestión de residuos municipais. Suporá un investimento de 455 millóns de euros ata o ano 2030. O seu obxectivo é pechar o plan de economía circular na xestión do lixo, intentar previr a xeración de residuos e potenciar a reciclaxe. 

O plan quere chegar ao cen por cento dos concellos con punto limpo e estender a recollida selectiva a toda Galicia, co quinto colector.

Lei de calidade alimentaria

A Lei de calidade alimentaria de Galicia entra na súa última fase de tramitación. Busca dar un novo pulo á excelencia dos produtos galegos, incrementar o seu éxito no mercado e impulsar o desenvolvemento local.

Galicia converterase, asegurou Alfonso Rueda, así na primeira comunidade autónoma en regular unha certificación de substentabilidade para a produción alimentaria. Haberá un logotipo específico que acredite uns criterios de calidade e produción.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar