Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre unha muller de 85 anos nun accidente entre un coche e un tractor en Sandiás

Morre unha muller de 85 anos nun accidente entre un coche e un tractor en Sandiás

O accidente tivo lugar na estrada OU-531 que une Xinzo con Celanova á altura do concello ourensán de Sandiás.

O condutor do turismo, de 90 anos, quedou ferido de gravidade

O condutor do tractor non sufriu ningún dano 

G24.gal 27/02/2023 13:59

Unha muller de 85 anos faleceu este mediodía ao chocar o turismo en que ía cun tractor que facía labores de roza nas gabias. O accidente tivo lugar na estrada OU-531 que une Xinzo con Celanova, á altura do concello ourensán de Sandiás. O condutor do turismo, de 90 anos, quedou ferido de gravidade, pero logrou saír do turismo, e a muller tivo que ser liberada polos bombeiros da Limia.

Os sanitarios xa non puideron facer nada para salvarlle a vida. Estanse a investigar as causas do sinistro. O condutor do tractor non sufriu ningún dano. Foi un particular que pasaba pola zona o que deu aviso ao 112, que activou o protocolo de emerxencias avisando a urxencias sanitarias, os Bombeiros, a Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil de Sandiás e de Xinzo de Limia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar