Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha nova pelexa nun local conflitivo indigna os veciños do Ensanche de Santiago

Unha nova pelexa nun local conflitivo indigna os veciños do Ensanche de Santiago

O after permaneceu pechado durante dous anos, pero agora volveu a vella "normalidade"

G24.gal 03/08/2022 13:12

Polémica reapertura dun bar do Ensanche de Santiago que opera como un after desde hai xa moitos anos. Incidentes e redadas policiais eran constantes ata o seu peche forzoso na pandemia. Pero cando comezaban a esquecelo, os veciños volven revivir o seu pesadelo.

Coma nos vellos tempos de pelexas continuas, un novo altercado con tres persoas implicadas rematou cun detido que xa tivera un enfrontamento previo horas antes cos outros dous homes que posteriormente volveron ás portas do local a plena luz do día buscando reactivar unha pelexa que a policía disolvera horas antes.

Non moitos queren dar a cara para denunciar o que todos os veciños desta zona sofren as fins de semana pola actividade deste after. A maioría teñen medo a represalias. Din que o consumo e o tráfico de drogas é habitual. A policía ten este local no punto de mira dende hai moito por numerosos problemas ao longo da súa historia. Agora que volveu funcionar saben que os conflitos volverán a ser unha constante. O último detido xa está en liberdade e sinalan que non é fácil actuar cando as pelexas se producen normalmente fóra do establecemento.

Cansos de aturar tantos incidentes e máis despois dun período de tranquilidade piden máis vixilancia policial e máis man dura contra os reincidentes e os que perturban a convivencia tranquila no barrio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade