Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha nova borrasca causa inundacións en Madrid e Valencia

Unha nova borrasca causa inundacións en Madrid e Valencia

En Madrid atenderon unhas 400 incidencias relacionadas coa chuvia, só na mañá 

G24.gal 15/09/2023 14:16

Dúas semanas despois do paso da DINA, unha nova borrasca manterá en alerta durante esta xornada a maior parte de España.

O nivel amarelo por chuvia e tormentas manterase activado en algún momento do día en catorce comunidades, todas agás Euskadi, A Rioxa e as Canarias.

Durante a mañá en Madrid atenderon unhas 400 incidencias relacionadas coa chuvia, principalmente pola formación de bolsas de auga nas estradas ou por inundacións de sotos e garaxes.

"Baixei co neno para levalo ao instituto e atopámonos con que a auga chegara ata aí. E os veciños contáronme que se anegou todo de auga, os sumidoiros non daban abasto para evacuar e os coches estaban flotando".

"Mira a auga aí, un metro de altura. Non funciona ningún ascensor, os fosos están cheos de auga".

Os 20 litros por metro cadrado de chuvia caídos nalgúns puntos da comunidade provocaron cortes en dúas liñas de metro madrileñas e atrasos nos ferrocarrís de proximidades.

Choveu tamén con forza na Comunidade Valenciana e en Cataluña, onde está activado o nivel laranxa de alerta.

Nos concellos valencianos de Algemesí e Albalat, onde caeron 160 litros por metro cadrado en media hora, suspenderon as clases polos danos causados pola chuvia nos colexios.

En Burjassot a auga acumulada obrigou a cortar unha estrada e na capital valenciana hai tres liñas de metro afectadas.

Protección Civil recomenda nestas zonas moita prudencia nas actividades ao aire libre e non circular ou atravesar regatos ou lugares inundables nin a pé nin en vehículo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade