Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha muller leva catro anos ocupando o piso da súa exsogra

Unha muller leva catro anos ocupando o piso da súa exsogra

Despois de romper a relación sentimental, a muller seguiu vivindo no piso e non paga nin alugueiro nin as facturas

A dona presentara unha denuncia e o xulgado emitiu sentenza para que abandonase a vivenda antes do 19 de xaneiro

G24.gal 31/03/2022 14:30

Catro anos sen pagar alugueiro nin as facturas da luz e a auga. Isto é o que está a sufrir a propietaria dun piso en Sada. A muller que ocupa o seu piso é a exparella do seu fillo e o mal mantemento da vivenda provoca inundacións e estragos nun local comercial situado no baixo do edificio. Uns gastos aos que tamén debe facer fronte a dona do piso, que cualifica a situación de insostible.

"Reclámanme máis de 7.400 euros"

Despois de romper a relación sentimental, a muller seguiu vivindo no piso e catro anos despois continúa nel sen pagar alugueiro, pero tampouco as facturas, como a da luz que debe máis de 900 euros.

"A luz non se paga, a auga non se paga e a peiteadora de abaixo tivo un problema por caerlle auga e reclámanme máis de 7.400 euros", lamenta Lula Márquez, a dona da vivenda, da que segue a pagar a hipoteca. "Amais do dano moral e psicolóxico, porque isto a min xa me ten aburrida" di.

Aínda que nun primeiro momento lle deu unha marxe para atopar outra vivenda, Lula ao final denunciou o caso no 2020 e a sentenza favorable indicaba que a muller tiña de prazo para abandonar a casa de forma voluntaria ata o 19 de xaneiro. Pero non o fixo.

"Tivemos que presentar escrito de novo ao xulgado para comunicar que non marchara e agora hai agardar a que a desaloxen" indica.

O mal mantemento da vivenda tamén lle está a ocasionar problemas no local comercial situado no baixo do edificio. Inundacións e estragos aos que debe facer fronte tamén Lula.

"Inundou unha parte, o seguro arranxou o chan e o teito e aos dous meses de estar amañado, outra fuga", explica Rosana Vialta, a propietaria do salón de peiteados. Unha fuga que provoca o mal estado da terraza da vivenda. 

Estragos e tamén perdas económicas por produtos de peitear que quedaron inservibles. En total, entre as dúas avarías superaron os 9.000 euros, pero amais provocoulle que unha parte do local non o poida empregar, pois segue a ter filtracións de auga.

"Esta semana estiven a punto de ter que pechar porque se cae auga enriba dos clientes non podo traballar", indica. 

Segundo Lula e Rosana, a muller que ocupa o piso está en situación de vulnerabilidade e parece que recibe unha axuda do Concello de Sada. Asuntos Sociais, pola súa banda, prefire non facer declaracións, ao tratarse dun caso xudicializado.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos