Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha muller falecida e 39 feridos ao envorcar un autobús en Huelva

Unha muller falecida e 39 feridos ao envorcar un autobús en Huelva

O autocar trasladaba traballadoras temporeras marroquís

Tres das persoas feridas están en estado grave

Estado enque quedou o autobús que trasladaba traballadoras marroquís e envorcou en Almonte (EFE/Julián Pérez)
G24.gal 01/05/2023 11:57 Última actualización 01/05/2023 21:00

Unha muller faleceu e outras 39 quedaron feridas, entre elas tres con prognóstico moi grave, ao envorcar un autobús que trasladaba a traballadoras xornaleiras marroquís no municipio onubense de Almonte (Huelva), segundo informou o servizo Emerxencias 112 de Andalucía.

O accidente produciuse no quilómetro 16 da estrada A-484 ás 6:25 horas desta mañá, cando, por causas que se descoñecen, o autobús saíu da vía e envorcou.

Segundo os últimos datos facilitados ao 112 polo Centro de Emerxencias Sanitarias (CES 061), unha muller faleceu, outras tres resultaron feridas moi graves, 14 menos graves e 22 leves. Entre os feridos leves, informou o 112 nun comunicado, atópase o condutor do autobús.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade