Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Unha muller falece tras caer dun quinto piso a un patio na Coruña
Investigan a causa da caída
 
            
                            G24.gal
                        
                            11/09/2023 10:58
                        
                        
                        
                        
                    
                    Unha muller faleceu tras caer desde un quinto piso a un patio de luces na Coruña. O 112 Galicia informou de que o suceso ocorreu ás dúas da madrugada deste luns, momento en que varios particulares avisaron da caída da muller ao patio de luces do edificio situado na rúa Gerión, en Monte Alto.
Os sanitarios desprazáronse ata o inmoble, pero só puideron confirmar o falecemento desta persoa, sobre a que se investiga a causa da caída.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
                 
            
         
            
                