Cargando resultados...
Unha menor cae dun balcón tras presenciar como seu pai maltrataba a súa nai en Torremolinos
A Policía Local detivo o home de 46 anos por posibles malos tratos e, segundo as autoridades, constaban denuncias previas

G24.gal
18/05/2022 08:31
Unha menor cae dun balcón ao intentar fuxir logo de presenciar supostamente como seu pai maltrataba a súa nai. Aconteceu en Torremolinos.
A rapaza de 14 anos tivo que ser atendida nun centro de saúde por unha fractura nun pulso. A menor mancouse por mor da caída desde o balcón da vivenda situado nun segundo piso. As consecuencias non foron a maiores grazas a que un toldo freou a caída.
A Policía Local detivo o home de 46 anos por posibles malos tratos e, segundo as autoridades, constaban denuncias previas.