Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha marea humana responde nas rúas ao turismo de masas: "Canarias ten un límite"

Unha marea humana responde nas rúas ao turismo de masas: "Canarias ten un límite"

Milleiros de persoas maniféstanse nas distintas illas do arquipélago contra un modelo económico "esgotado"

Participantes na protesta das Palmas de Gran Canaria. EFE/Quique Curbelo
G24.gal 20/04/2024 14:47 Última actualización 20/04/2024 23:02

Milleiros de persoas saíron este sábado ás rúas nas oito illas de Canarias para pedir ao unísono un xiro no modelo turístico de masas e, por extensión, socioeconómico nunha cita que evoca ás grandes mobilizacións históricas vividas nesta comunidade.

Ao mediodía comezaron as manifestacións convocadas baixo o lema "Canarias ten un límite" en todo o arquipélago salvo na Palma, onde se celebra ás 17:00 horas, nunha xornada na que tamén hai concentracións en diferentes cidades españolas e europeas.

De feito, a poboación canaria residente en Madrid foi a máis madrugadora e concentrouse na Porta do Sol para criticar un modelo económico que "nos está expulsando da nosa terra". "Hoxe estamos aquí porque non podemos estar alí", afirmou unha muller que leu o manifesto.

O xerme das marchas foi a denuncia do esgotamento do modelo do motor económico das illas (35 % do PIB das Canarias e preto do 40 % do emprego) e a reclamación dunha moratoria, dunha ecotaxa e da regulación da compra de vivenda por parte de xente estranxeira.

Pero co paso das semanas, o debate estendeuse cara aos altos índices de pobreza, os baixos salarios, a escalada dos prezos dos alugueiros ou a saturación das estradas e dos espazos naturais. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade