Unha manda de vinte xabarís toma unha viña de Valdeorras
A familia de viticultores estaba traballando na viña que teñen de 40 hectáreas en Larouco cando apareceron uns vinte porcos bravos
Botalos fóra foi complicado pero conseguírono sen que provocasen danos
Unha manda duns vinte xabarís aproveitou un oco no peche para entrar nunha enorme viña de godello de Valdeorras. Por sorte, hoxe aínda non hai uvas e os gromos non os estragaron, polo que non provocaron perdas. O acontecemento quedou nunha divertida anécdota, pero, iso si, moito lles custou aos viticulores botalos fóra.
Abraiados quedaron cando viron unha manda duns vinte xabarís na viña, de 40 hectáreas de godello, que esta familia ten en Larouco. Entre todos abriron as cancelas e axotáronos para botalos da viña, que está toda pechada, pero non foi doado.
Os porcos bravos metéronse aproveitando que están ampliando a viña e hai un anaco sen valado. Por sorte todo quedou nunha anécdota.
Os vídeos que eles gravaron circulan polos grupos de Whatssapp e polas redes tanto como corrían os bechos buscando a saída.