Veciños aseguran que unha liña de alta tensión ameaza unha casa de Mos
Un obreiro que traballaba no seu tellado morreu electrocutado a mediados de maio
Un veciño de Sanguiñeda, en Mos, vive atemorizado desde que un operario dunha empresa de construción faleceu na súa casa ao chocar cun cable de media e alta tensión que hai a menos de dous metros de altura do teito da vivenda.
Agora teme teme que volva a pasar cando veñan rematar a cubrición ou se cae algún poste próximo e o tendido remata sobre persoas e casas.
Jesús contratou unha coñecida empresa de Ponteareas para reconstruír o tellado na súa casa de Sanguiñeda en Mos. A empresa subcontratou traballadores, e por causas que se están a investigar un deles resultou electrocutado pola proximidade do cable de alta tensión e acabou falecendo no hospital. A familia de Jesús e os veciños acabaron fondamente impresionados e queren saber qué ocorreu e evitar un próximo incidente.
Garda Civil e Inspección de Traballo investigan e Jesús non desbota poñer unha denuncia nos xulgados. Tamén alertou por email a Naturgy pero só recibíu un acuse de recibo. Di que non se volveron poñer en contacto con el.
O propietario do inmoble e a construtora paralizaron a obra e queren saber se o tendido de alta ou media tensión próximo á vivenda cumpre a legalidade, se está a distancia e altura que esixe a normativa e canta potencia ten.
Temen ademais que caia un dos postes próximos en que adoita haber accidentes e que o cable acabe caendo sobre eles ou as súas casas con fatais consecuencias.