Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Unha horta de 20 metros cadrados, case un millón de seguidores
O vigués Cé Rodríguez comezou en 2018 a subir contido ás redes e en 2019 xa empezou a cobrar por facelo
Di que podería vivir unicamente de YouTube, pero prefire manter tamén o seu antigo traballo
                            G24.gal
                        
                            25/09/2023 21:55
                        
                        
                                Última actualización 25/09/2023 22:07
                        
                        
                    
                    O mundo do campo está a vivir unha etapa nova nas redes sociais grazas ao traballo dos chamados agroinfluencers. Un deles é Cé Rodríguez, un administrativo vigués que un bo día decidiu aprender a cultivar unha horta urbana e contalo. Só son 20 metros cadrados, pero nas súas canles ten xa case un millón de seguidores. Soamente en YouTube supera amplamente os 700.000 subscritores.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
         
            
                 
            
        