Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha herdanza conflitiva en Monforte

Unha herdanza conflitiva en Monforte

Periga a creación dun centro para maiores polo desacordo entre o Concello e o alba

G24.gal 14/05/2022 14:18 Última actualización 14/05/2022 14:58

Este sábado chovía no cemiterio de Monforte, onde descansan os restos de Lilia Foggia e da súa familia; tamén os do seu pai, Egildo, un italiano que hai un século creou en Monforte unha próspera fábrica de calzado que foi o xermolo das propiedades que herdou Lilia, unha millonaria que non tivo descendencia e que no 2008 legou todos os seus bens, cartos e xoias ao Concello de Monforte, a condición de que crease unha fundación para poñer en marcha un centro de día para persoas sen recursos.

Puxo a condición de que isto se fixese antes de dez anos. Para garantir que se cumprisen as súas últimas vontades, Lilia nomeou seis albaceas, cinco dos cales retiráronse.

Os feitos son que o Concello propuxo a creación dunha fundación, pero os seus estatutos non convencen ao único albacea que non renunciou.

Segundo un informe asinado polo secretario do Concello, o albacea non aceptou o seu cargo ata setembro do ano pasado, cinco anos despois do falecemento de Lilia, algo que imposibilitaba a constitución da fundación.

Ademais, cita outros incumprimentos do albacea con respecto á vontade de Lilia.
Postos en contacto co albacea, comentounos que as desavinzas céntranse en varios puntos dos estatutos da fundación, e asenta a súa actitude na ética e no interese en que se cumpra a vontade da defunta.

Este abril o Concello de Monforte renunciou a constituír a fundación.

Quedan catro anos para que se solucione o tema, pero polo de agora xa apareceron dous parentes de cuarto grao que reclamarán a herdanza se no 2026 non se cumpriu a vontade de Lilia Foggia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos