Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha guía gastronómica inclúe o caldo galego entre os 100 pratos peor valorados de España

Unha guía gastronómica inclúe o caldo galego entre os 100 pratos peor valorados de España

Acadou unha puntuación de 3,7 sobre 5

A presenza do caldo nesta lista causa sorpresa entre os galegos

G24.gal 13/02/2025 14:17

Un dos nosos pratos máis típicos, o caldo galego, non triunfa no resto de España. A guía gastronómica TasteAtlas acaba de incorporalo na súa lista das 100 comidas españolas peor valoradas. Aclaran que non se trata de desprestixiar este prato típico, senón que non alcanza na súa lista notoriedade suficiente. Con todo, a nova causa sorpresa nas rúas galegas.

"Que me dis?".

"Pois non o entendo". 

O caldo galego é un prato moi noso e a carta de presentación en moitos restaurantes.

"É un prato moi habitual que en moitos restaurantes tes de primeiro".

"Cando saímos por aí, se hai caldo, pedimos caldo galego".

Tampouco falta nas casas, feito á base de ingredientes frescos e de proximidade.

"O caldo galego encántame coas súas fabas, a carne de porco, as patacas e as nabizas".

Por abundante e nutritivo, é para moitos o prato perfecto para o inverno.

"Cousa quentiña sempre, é un alivio e unha alegría para o corpo".

Algúns tratan de buscarlle explicación a que o caldo galego figure entre os pratos peor valorados.

"As novas xeracións acostúmanse ao precociñado".

"Eso é porque non veñen a Galicia comelo".

Pero moitos xa non lle dan valor a esta lista onde figuran tamén o lacón con grelos, a pescada á galega ou os cachelos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar