Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha gata 'influencer' de Lalín ten máis de 65.000 seguidores en redes sociais

Unha gata 'influencer' de Lalín ten máis de 65.000 seguidores en redes sociais

Chámase Winter e as marcas compiten para que publicite os seus produtos

G24.gal 24/08/2022 21:39

É tímida e non lle gusta moito a cámara, pero a pesar diso a súa dona converteuna nunha estrela nas redes sociais. E todo comezou abrindo unha conta para gardar as súas fotos.

A súa dona, Carlota Montoto, explica que abriu a súa primeira páxina co obxecto de gardar as fotos da gata pero sen a máis mínima idea de que iso se convertese nun fenómeno de tales dimensións.

Pero ese álbum que era case privado tiña en poucos meses milleiros de seguidores.

"Cando cheguei aos 5.000 deime de conta de que tiña que sacarlle partido", di Carlota.

E aproveitouno facendo contido divulgativo coa sección 'Aprende con Winter'. Un espazo no que fala sobre as enfermidades e as necesidades dos gatos e que resulta útil para os donos dos animais.

Hoxe Winter ten máis de 55.000 seguidores en TikTok e máis de 10.000 no Instagram. Numerosas marcas ofrécenlle produtos para que os publicite e os seus plans de futuro son seguir medrando.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos