Unha fronte traerá a chuvia a Galicia a partir desta tarde
A auga que chega na ponte é ansiada por moitos por mor do lume e a seca
Outros din que botarán de menos o sol radiante
Esta ponte, que é a máis festiva de todo o ano se atendemos á cantidade de lugares en que hai festas patronais, vaise despedir con chuvia. Mañá, que tampouco será día laborable en moitos lugares, como Santiago ou Vigo, a chuvia que tanto precisamos volverá descargar en toda Galicia.
Galicia queda a partir desta tarde baixo a influencia das baixas presións e unha fronte deixará esas precipitacións ansiadas para moitos aínda que non para todos. Os numerosos turistas que ateigan nesta ponte a nosa comunidade botan de menos ese sol radiante que tanto nos caracteriza.
Mentres hoxe hai quen aquí na praia viguesa de Samil aproveita as últimas horas antes de que descargue. As temperaturas aínda o permiten, porque nesta xornada en Vigo estará a uns 24 graos e noutros puntos como Ourense chegarán a 29.
Facía moita falta. Por iso en Galicia estamos dispostos a recibila cos brazos abertos despois da súa longa ausencia.
A auga é, neste momento, un ben escaso e o importante é aliviar a seca que afecta á nosa comunidade.
Galicia quedará baixo a influencia das baixas presións e unha fronte traerá precipitacións a partir da tarde. Aos turistas non lles gusta tanto este cambio no tempo. Botarán de menos o noso sol.
As temperaturas polo de agora a acompañan. En Vigo chegarán aos 24 graos e en Ourense aos 29. Xa nos próximos días baixarán unha media de 4 graos. Con chuvia ou sen chuvia Galicia é todo un atractivo ao que renderse.
A chuvia chegará, si, e a celebraremos polo menos ata o xoves.