Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha femia de xabaril ataca unha cadela en Neda

Unha femia de xabaril ataca unha cadela en Neda

Os veciños temen que poida chegar a atacalos a eles

G24.gal 08/08/2022 13:51

Milka é unha cadela sociable, pero hoxe amósase esquiva despois do ataque que sufriu hai poucos días e que a piques estivo de custarlle a vida. Sucedeu ás portas da súa casa. Foi golpeada por unha porca, deixándolle como resultado dúas feridas.

"Pensamos que a brecha era máis superficial, pero o canino entrou polas costelas", comenta o seu dono.

Por sorte, todo quedou nun susto. Pero o problema é que a femia de xabaril xa leva varios días andando pola zona. O que os veciños temen é que poida chegar a atacalos a eles, en caso de verse ameazada ao ir acompañada das súas crías.

Porque en infinidade de leiras, os estragos xa son máis que visibles.
O peor, din, podería suceder en calquera momento, se non se toman medidas

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade