Publicador de contidos
Publicador de contidos

A botica da Fonsagrada con máis dun século que parece un museo

A botica da Fonsagrada con máis dun século que parece un museo

A dona actual conserva o mobiliario, as menciñas e o instrumental tal e como os deixou a súa avoa

G24.gal 31/03/2024 13:32 Última actualización 31/03/2024 14:37

Entre as boticas máis antigas de Galicia destaca, polo seu estado de conservación e pola súa beleza, unha da Fonsagrada que ten documentada a súa orixe antes do ano 1900.

A Farmacia Peñamaría é obra dos seus primeiros donos, de orixe catalá. O moble principal, con andeis ata o teito, está feito a medida e non se pode mover. 

No centro, no chamado "ollo do boticario", gardaban as menciñas máis prezadas porque era o único armario que tiña chave. 

"Os estupefacientes, os velenos... gardábanse aquí. Tamén medicamentos que viñan de Alemaña. Hai moitas cousas antigas, aínda coa súa etiqueta orixinal", conta Catalina Ortiz de Galisteo, a actual propietaria da farmacia.

Conserva co máximo coidado o mobiliario, as menciñas e o instrumental que levan neste local máis dun século. Nun lugar privilexiado continúa a samesugueira, tan importante na menciña doutros tempos.

Catalina sucedeu a súa avoa á fronte da botica e considera "un orgullo e unha responsabilidade" manter todo tal e como lle gustaba a ela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade