Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha familia de feirantes de Foz perde o seu medio de vida nun incendio

Unha familia de feirantes de Foz perde o seu medio de vida nun incendio

Calculan uns 100.000 euros en perdas ao arder dous alpendres con varias atraccións de feira

Félix Aragunde 13/12/2023 13:50

Un incendio calcinou dous alpendres no Camiño da Cruz, na parroquia focega de Cangas de Foz. Pertencen a unha familia de seis membros, entre eles menores, que espertaron co estalido das uralitas da cuberta.

Malia saíren ilesos, unha ambulancia tivo que atender o dono da vivenda mentres os bombeiros de Barreiros e o GES de San Cibrao se ocupaban de sufocar as lapas e de evitar que se propagasen á casa lindeira.

"Saín para fóra e xa vin todo arder. Chamei os pícaros e a muller para fóra, collín a mangueira da auga e chamei os bombeiros e o 112", explica Luis Machado, dono da casa.

Aínda que finalmente non houbo que lamentar danos persoais, as perdas económicas están valoradas nuns 100.000 euros. Nos almacéns gardaban mobles e varias figuras de atraccións de feira, que supoñían a principal fonte de ingresos dos seus donos.

Arderon catro figuras, que son carísimas. Valen cada unha sobre 20.000 euros. Agora haberá que amañar da mellor maneira posible", di Luis.

Agora, á familia de feirantes propietaria dos alpendres só lles queda un posto de bocadillos co que acudir ás feiras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade