Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os damnificados polo incendio de Rábade agradecen a solidariedade dos veciños

Os damnificados polo incendio de Rábade agradecen a solidariedade dos veciños

Os servizos sociais do Concello buscan vivenda para unha familia de 13 membros

O CEIP Otero Pedrayo recolle roupa e zapatos para esta familia

G24.gal 03/05/2024 14:24

José Ángel e Flor perderon os recordos de toda unha vida en menos de dúas horas. Foi o tempo que as lapas tardaron en devorar esta vivenda onde residían en Rábade. O seu fillo, que vivía no segundo andar, contábanos que foi tan rápido que non lles deu tempo de salvar nada.

Eliseo Cortiña di que foi cuestión de minutos. Asegura que a súa nai estaba dentro, pero foron os veciños os que a avisaron de que había lume no ático. Rapidamente colleu unha mangueira e intentou apagalo. Di que non quería saír da casa, pero o seu marido acabou colléndoa e sacándoa do edificio. Apunta que o importante é que non houbo feridos pero asegura que están mal porque non teñen onde ir.

Na casa vivían en total trece persoas, nove delas menores de idade. Dende o CEIP Otero Pedraio, onde estudaban varios deles, organizaron unha recollida de roupa e calzado. A familia agradece as mostras de solidariedade.

Eliseo Cortiña di que xa lle deron roupa e calzado para os nenos, pero que agora o que necesitan é un teito.

Os servizos sociais do Concello buscan desesperadamente unha casa onde poder realoxar os trece membros da familia, que polo momento están aloxados nun hotel da zona. O Concello de Rábade tamén se puxo á disposición do propietario da vivenda anexa que quedou parcialmente calcinada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar