Cargando resultados...
Mónica Alonso: "Un logro na miña carreira foi conseguir a cor de carne triste"
O Museo de Pontevedra abre o ciclo 'Infiltracións' coa exposición 'A pel do Museo', de Mónica Alonso
Alonso estudou as cores da pel reproducindo a mestura de pigmentos utilizada
A artista investiga desde hai anos a cor tamén desde perspectivas terapéuticas
G24.gal
19/05/2024 11:30
Última actualización 16/05/2024 16:58
A pel, as peles, as súas tonalidades reflectidas na arte, a pigmentación que escolle cada artista para retratala… ‘A pel do museo’ é unha interesante exposición aberta no Museo de Pontevedra e que pon de manifesto a investigación na arte.
Esta mostra abre un ciclo de diálogos entre a colección permanente e a arte contemporánea e Mónica Alonso é a primeira artista convidada. Con ela imos celebrar hoxe o Día dos Museos.