Publicador de contidos
Publicador de contidos

López Campos: "O Plan de Normalización Lingüística necesita unha actualización"

López Campos: "O Plan de Normalización Lingüística necesita unha actualización"

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude avanza que en xuño sentará co sector para elaborar o Plan Estratéxico da Cultura Galega

G24.gal 19/05/2024 09:14 Última actualización 19/05/2024 10:08

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, anuncia na Radio Galega a súa intención de actualizar o Plan de Normalización Lingüística, que ten xa vinte anos.

Nunha entrevista no Galicia por diante fin de semana, abría a porta a esa "actualización", previa consulta con todas as institucións e os organismos implicados para "prestixiar" e "establecer unhas condicións máis favorables para o uso do galego en todos os ámbitos de nova aplicación". 

Onde non considera que sexa necesario abrir debate, aínda que si asegura que escoitará opinións, é sobre o actual decreto do plurilingüismo, xa que entende que hai "plena convivencia no ámbito educativo". 

"Creo que a día de hoxe hai unha plena convivencia no ámbito educativo pero escoitaremos, por suposto, cales son as opinións no ámbito do dese decreto do plurilingüismo. Eu creo que posiblemente o Plan de Normalización Lingüística necesita despois de 20 anos unha actualización. Aí podemos encontrar puntos de encontro para prestixiar, para mellorar". 

López Campos tamén avanzou a intención de abrir no "mes de xuño" un período de consulta cos distintos sectores culturais do país de cara á elaboración do Plan Estratéxico da Cultura Galega co horizonte en 2030 e que terá forma de proxecto de lei. 

"Sentaremos de forma inmediata, xa, ao longo do mes de xuño empezaremos a reunirnos coas distintas entidades e sectores implicados no ámbito cultural para escoitalos, para recibir as súas achegas e a partir de aí empezaremos a elaborar unha normativa que se traduce nun proxecto de lei". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos