Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha familia de Arcade pide colaboración para participar nun rally solidario en Marrocos

Unha familia de Arcade pide colaboración para participar nun rally solidario en Marrocos

Vero, Clara e Carlos van ir en Semana Santa ás zonas do Atlas afectadas polo terremoto de setembro 

Colaboran cunha ONG andaluza que presta axuda en poboacións rurais do pais africano 

G24.gal 15/02/2024 14:55

A vida de Clara, Carlos e Verónica está moi vinculada ao mundo do motor tanto no traballo coma no seu tempo libre. A parella ten un taller en Arcade e ademais son afeccionados aos rallys. A súa filla Clara comparte a paixón familiar e tamén ten interés nas propostas de voluntariado. E iso foi o que acabou vinculando a toda a familia coas actividades da ONG andaluza Rally Solidario. 

Participaron xa o ano pasado e agora están empezando a organizarse para ir os sete días da Semana Santa a unha nova repartición de material nas montañas do Atlas. A preparación inclue desde o acondicionamento do seu novo coche, ata patrocinadores e doazón de material para aos destinatarios, que son sobre todo a poboación infantil. 

"Pídennos lentes de sol, gorras, material escolar, xoguetes, roupa de abrigo ou calzado, conservas...".

Pódese colaborar facendo os envíos ao Concello de Soutomaior ou contactando directamente con eles en vercar2143@gmail.com ou teléfono 660 983 452

A estas alturas teñen claro que é así como queren pasar as súas vacacións e non só pola súa afección ás aventuras en coche. O enganche do voluntariado xa ten tanto peso ou máis, din, que a aventura do rally polas antigas pistas do París-Dakar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos