Cargando resultados...
Unha falsa alarma obrigou a parar o partido no Di Stéfano
G24.gal
06/11/2022 13:47
Corría o minuto 68 do partido entre o Real Madrid Castela e o Pontevedra cando saltou unha alarma nas instalacións de Valdebebas. A megafonía pediu que o público abandonase o campo. Ao final foi unha falsa alarma. O partido estivo dez minutos parado e cando o público regresou retomouse.