Unha creación de castañas, queixo, pera e mostaza gaña o Xuventude Crea de cociña
Un certame para promocionar o talento dos mozos aos fogóns
Dous futuros biólogos, unha actriz, un arquitecto e unha comunicadora audiovisual e unha experta en finanzas. Ningún estuda nin pensa en dedicarse profesionalmente á cociña, pero todos coinciden no gusto por cociñar.
"Son vexetariana e desde sempre tiven que cociñar para poder comer diferente e a miña afección vén de aí".
"Isto tamén é unha ciencia. É traballo de laboratorio".
Son os creadores dos catro pratos finalistas do certame Xuventude Crea de Cociña, que busca fomentar o talento aos fogóns da mocidade.
A creación de Francesca, unha residente en Santiago de orixe italiana, foi a elixida polo xurado como primeiro premio da edición, dotado con 3000 euros.
"Estes concurso fanche que lle dediques máis tempo á cociña, que lle collas máis gusto e experimentar".
A directora xeral de Xuventude anunciou que o ano que vén van adiantar a inscripción no certame para ampliar a participación.
"E tamén animar os alumnos que se están formando neste ámbito da hostalería e da restauración a que se presenten á Xuventude Crea, que seguro que teñen moito que demostrar".
Ademais da cociña, o programa Xuventude Crea fomenta outras trece especialidades, que van desde a danza á moda. Nos dez anos que leva funcionando contou coa participación de máis de 4000 mozos e mozas.