Unha condutora dá positivo en cocaína despois de atropelar un peón en Lugo
Os axentes desprazáronse ata o lugar do accidente para socorrer a vítima e practicar os correspondentes controis á condutora

Unha condutora dá positivo por consumo de cocaína despois de atropelar co seu coche un peón en Lugo. O accidente sucedeu na avenida da Coruña, ata onde se desprazou un equipo da Unidade de Atestados.
Os axentes desprazáronse ao lugar do sinistro para auxiliar a vítima. Logo disto, someteron a condutora ao correspondente control de alcoholemia, que deu negativo. Posteriormente, no control de drogas deu positivo por consumir cocaína.
Non é o único caso, pois o condutor dun turismo que chocou con outro coche na rúa das Artes tamén, deu positivo por consumo de cocaína e alcol.
En ambos casos a Policía Local instrúe dilixencias por delitos contra a seguridade do tráfico.